sábado, 4 de julio de 2009

Educ@con tic

Mediante un artigo de Aulablog21 entérome da creación do espazo colaborativo Educ@contic, promovido por red.es e varios ministerios, entre eles o de Educación. Ven a continuar a labor comezada no curso pasado con Internet na aula.

Este espazo empezou a funcionar a finais de abril coordinado por Anibal de la Torre e nel colaboran profesores como Francisco Muñóz de la Peña, Mª Jesús Rodríguez e Salvador Llopis. Recollen información sobre a actualizade das TIC no ensino, experiencias e ferramentas para utilizar na aula.

O rexistro no sitio permite comentar os artigos, recibir novas do sitio e participar nas enquisas. Se xa estabas rexistrado no congreso virtual "Internet na aula" podes entrar co mesmo nome de usuario e contrasinal.

Coa etiqueta "Geografía" actualmente hai catro artigos:

  • Un pouco de astronomía . Recolle información sobre o portal de astronomía da Consejería de Educación de Murcia. Ten noticias e actividades para infantil, primaria e secundaria.
  • Xoga en Google Earth con Trentivieso . Earthquest creada por Oscar Barquin e Esther García para o alumnado de primaria.
  • Ensina o mundo submarino con Google Earth . Fala da capa sobre o mundo submarino que ten o Google Earth a partir da versión 5.0.
  • Aprende xogando co avó . Actividades para que os nenos e nenas traballen distintas materias a través de xogos. En xeografía hai xogos sobre as autonomías de España, capitais do mundo e estados de EE.UU.
Tamén hai varias entradas sobre ferramentas informáticas de interese para o profesorado de Ciencias Sociais, por exemplo unha sobre a creación de liñas do tempo con Dipity ou o uso dos viaxes virtuais nas clases de lenguas clásicas do IES Azahar de Sevilla.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.