viernes, 24 de julio de 2009

Muíños do Folón e do Picón

O conxunto etnográfico de 31 muíños do Folón e 36 do Picón da comarca pontevedresa do Rosal está composto polo total de 67 muíños en cascada que datan dos séculos XVII e XVIII.
De Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa é o libro Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, conxunto histórico-etnográfico de Galicia, editado pola Deputación de Pontevedra, no que sen dúbida poderemos ampliar información sobre a obra realizada polos veciños de Fornelos. Xoán Martínez Tamuxe sinala este conxunto coma "un tesouro único en Europa" polo seu emplazamento, a súa beleza paisaxística e a súa disposición escalonada.
Os muíños son de pedra, e teñen unha porta e unha ventá; A súa forma é rectangular, cunha cuberta dunha soa auga e unha soa roda. Algúns tiñan un alboio para acoller o transporte animal que chegaba. Só moían tres meses ó ano, os do inverno, porque a auga procedente do Riobó (actualmente Folón) empregábase nos campos durante o verán. Actualmente están reconstruídos e no 1998 o conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
O percorrido desta ruta que é circular ten unha distancia de 3,5 KM e pódese facer nun tempo de hora e media na que poderemos ver a molenda no primeiro muíño do Folón, o do As laxes, acondicionado como oficina de información turística. Para os que non a fixemos pode ser unha alternativa a facer no que queda de verán.

Muíños do Folón

Muíños do Picón

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.