miércoles, 25 de febrero de 2009

Guía Dixital de Axudas á Discapacidade

A Fundación ONCE presentou GuiaDis, a primeira Guía Dixital de Axudas á Discapacidade. Pretende dar aos discapacitados españois ferrametas para que poidan defender mellor os seus dereitos.
Na súa portada sinálase “o obxectivo desta web é facilitar ás persoas con discapacidade e as súas familias información sobre os diferentes recursos (servizos, centros, prestacións e axudas) dispoñibles nos diversos ámbitos da vida. As distintas opcións de busca permitiranlle identificalos, consultar os seus contidos, coñecer os requisitos de acceso e obter orientación sobre os procedementos e trámites necesarios para beneficiarse de cada un destes recursos”.
Guiadis ofrece catro buscadores:
  • Situación do usuario: para facer buscas segundo o tipo de discapacidade (física, mental, intelecutual, auditiva, visual), a porcentaxe de discapacidade ou o grado de dependencia.
  • Tipo de recurso: axudas técnicas, becas, beneficios fiscais, outras prestacións, prestacións da Seguridade Social, servizos. Tamén permite buscar segundo o tipo de entidade: administración do estado, comunidades autónomas, concellos, empresas, asociacións, fundacións...
  • Área de aplicación: información, educación, saúde, protección económica, emprego, fiscalidade, lexislación, vivenda, movilidade e vida diaria, transporte, accesibilidade, cultura, deporte e turismo, atención e cuidado.
  • Centros de atención: asociacións, centro de atención temprana, centro de día, centro de información, orientación e valoración, centro de rehabilitación laboral, centro de rehabilitación psicosocial, centro especial de emprego, centro ocupacional, federación, fundación, piso tutelado, residencia, confederación, administración da Seguridade Social, dirección provincial, información, orientación e prestación de servizos, cooperativa social, aulas de educación especial.
Pódense puntuar os recursos cunha puntuación que vai de 0 a 10, o que no futuro permitiranos coñecer as valoracións que outros usuarios fixeron da axuda obtida.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.