sábado, 30 de agosto de 2008

IX Inforensino

Observo que o IX Inforensino celebrarase os días 12, 13 e 14 de setembro na Facultade de Veterinaria de Lugo.
No programa provisional vexo varias conferencias que poden ser interesantes para o profesorado de sociais:
  • A Kalipedia. Trátase dunha enciclopedia promovida pola editorial Santillana con contidos adaptados á ESO. Ten apartados de xeografía e historia.
  • Análise dos valores nos medios de comunicación, nas aulas de CCSS e Educación para a Cidadanía. Na súa exposición Miguel Vázquez Freire fará unha análise dos valores transmitidos por diversos medios de comunicación e abordará estratexias para poder traballar nas aulas.
  • Sistema de información xeográfica: unha ferramenta útil. Manuel Francisco Marey Pérez analizará as súas funcións, razóns e posibilidades da súa utilización.
  • Google Earth. Temática abordada por Manuel Francisco Marey Pérez.
  • Encerados dixitais. Na conferencia explícase o funcionamento da pizarra Smart Board e as súas aplicacións. Mariló soe poner algún exemplo de uso do Google Earth.
  • Ensinar economía, xeografía e estatística co portal educativo do Instituto Galego de Estatística. Neste portal podemos atopar algunha unidade didáctica sobre xeografía como esta sobre o movemento natural da poboación.
  • A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial: Un recurso educativo multimedia e interactivo en formato web. Xa falei sobre este traballo hai uns días no artigo sobre as colaboracións galegas no congreso "Internet en el aula".
  • Seguimento GPS a través de Internet. Traballos con Google Maps.
  • Premios Ediga: demostración dos traballos premiados. Máis actividades para o encerado dixital.
  • Obradoiro LIM: LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA. O LIM é un programa para crear actividades como sopas de letras, encrucillados, galerías de imaxes e sons, completar textos... Podemos facernos unha idea do seu funcionamento vendo algunha das actividades da biblioteca, por exemplo, a paisaxe da costa de Cariño ou cidades.
  • Proxecto Xogamos?. Recurso para a elaboración de xogos de pregunta-resposta. Como exemplo podedes ver este sobre Galicia.
  • Galicia encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Antonio Reigosa Carreiras expoñerá os encantos desta páxina da que xa falei na data 14 de agosto.

No hay comentarios:

Agardo que sexa do voso interese.